Maceiras, Andrea
(enviar correo)Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en FiloloxÃa Galega, en FiloloxÃa Hispánica e tamén doutora pola UDC.Publicou a súa primeira novela, ''Proxecto Bolboreta'' (Premio Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva doce obras publicadas, todas elas destinadas ao público infantil e xuvenil, e moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional.En 2010 publica ''Violeta tamurana'', Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con ''Miña querida Sherezade'' no ano 2014. En 2013 sae á luz a súa novela ''Nubes de evolución'', finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con ''Volverás, golfiño'' queda finalista do Premio MerlÃn. En 2015 gañou o Premio Jules Verne por ''Europa Express'' e en 2017 foi finalista do Premio RaÃña Lupa por ''O que sei do silencio''. Con ''Conta nove estrelas'', obra incluÃda na lista de honra da OEPLI en 2019, gañou o Premio Lazarillo 2018, asà como o Premio Frei MartÃn Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da ConsellerÃa de Educación e obtén o Premio MerlÃn por ''A folla azul''. No ano 2021 faise co Premio RaÃña Lupa por ''Que me pare o corazón se te esquezo'' e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa novela ''Alma de elefante''.