Logo Xerais

Info autor/a

Eyré, Xosé Manuel

(enviar correo)

Xosé Manuel Eyré (Laxe, Chantada, 1960) é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e desde o ano 1988 traballa como crítico literario no semanario A Nosa Terra, con especial atención á narrativa. Durante a década de 1990 dedicoulle moito tempo á divulgación e dinamización cultural das terras de Chantada. Froito diso foron as colaboracións nas revistas Achantada e Alem-parte (2ª época) e a coautoría (con Xosé M. Vélez e María Olga Varela) dun libro sobre a figura e a obra do cura poeta Avelino Gómez Ledo. Participou na creación e coordinación da 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, primeiro premio literario de micronarrativa xurdido en Galicia. Tamén nesta década colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías.O labor que desenvolve como crítico literario mereceu, no ano 2004, o Premio á Colaboración Editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. En 2005, saíu á luz Constelación de Ío, a súa primeira achega narrativa á literatura de ficción e en 2009 Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa (Xerais). Mantén aberto o blog Ferradura en tránsito (http://xmeyre.blogaliza.org/)

As súas obras como autor/a