Neira, Xoán
(enviar correo)Xoán Neira (Meilán - Lugo, 1953), mestre en Viveiro, onde vive desde 1982. É membro fundador do Seminario de Estudos "Terra de Viveiro" co que participa en publicacións colectivas e outras actividades. Colaborador das páxinas de El Progreso- A Mariña.Publica poemas en revistas: Guieiros, Lúa Nova, Saudade, A Xanela, A Casa da Gramática, Anto e Xistral e en libros colectivos: Poetas en Lugo, Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte, Alma de beiramar, Negra Sombra contra a marea negra, Homenaxe á Ãnxel Casal, UxÃo Novoneyra. A emoción da terra, Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, O traque da Quenlla...Premiado en distintos certames de poesÃa: Meigas e Trasgos (Sarria), Concello de Vilalba (en tres ocasións ), RosalÃa de Castro de Barcelona e nos de xornalismo Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.É autor dos libros de poemas: Memoria e soño (1996), Nas varandas do abrente (2000), Ãs catro augas (2004) e Linguaxes (2005) en colaboración co artista plástico Otero Regal. En poesÃa infantil é autor dos libros Xiz de cor (2004), Farrapos de nube (2007), No cubil da lúa (2009) e coautor, xunto con Manuel RodrÃguez, do poemario musicado Recreos (1997).