Logo Xerais

Info autor/a

Solar, María

(enviar correo)

María Solar é escritora e xornalista. Na actualidade presenta o magazine informativo A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental.No ámbito xornalístico centrou o seu traballo en radio e televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Ten unha ampla e variada traxectoria profesional na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Para a TVG presentou un importante número de espazos, como o cultural Zigzag Diario, Ciencianosa, En pé de festa, Arrampla con todo, entre outros. Na Radio Galega destacan os oito anos que dirixiu e presentou o magazine As tardes da Galega. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo –"Ecoloxía na Aula" (1997), "O libro do noso mar" (1999)– e de ficción pedagóxica –"Boa sorte" (2008), "O tempo do revés" (2008)–, mais o recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: "Teño uns pés perfectos" (2015), "O meu pesadelo favorito" (2015) Premio Lazarillo e lista White Ravens, "A verdadeira historia da mosca de tele" (2012) Premio Frei Martín Sarmiento ou "As meigas de Lupa" (Xerais 2012). "As horas roubadas" (Xerais, 2016) é a súa primeira incursión na narrativa para adultos.Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.

As súas obras como autor/a