Formoso Gosende, Valentina
(enviar correo)Valentina Formoso Gosende (Ribademar-Outes, 1970), licenciada en FiloloxÃa galego-portuguesa e hispánica, doutorouse coa tese A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüÃsticas.Profesora na actualidade de lingua galega, literatura galega e portugués no ensino secundario, a súa traxectoria profesional estivo sempre ligada ao ámbito da normalización lingüÃstica: creación e dirección do departamento de normalización lingüÃstica na Confederación de Empresarios de Galicia, participación e dirección de Equipos de normalización lingüÃstica de centros de ensino, e coordinación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica (CGENDL). Conta con publicacións, fundamentalmente centradas neste campo, en revistas especializadas (Ela, revue de sociolingüistique, Lengas, entre outras) e en obras colectivas. Tamén leva investigado e publicado artigos sobre fonética e terminoloxÃa cientÃfico-técnica, traballos que aparecen recollidos en obras como Manual de galego comercial, Dicionario de termos económicos e empresariais e Vocabulario do sector téxtil. Ademais, impartiu conferencias e actividades formativas sobre sociolingüÃstica, desenvolveu proxectos europeos e coordinou proxectos premiados en innovación educativa.