Mejuto, Eva
(enviar correo)Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas «22 segundos» (2017) e «Memoria do silencio» (2019), o álbums ilustrado por VÃctor Rivas «Dez gatiñas viaxeiras» con VÃctor Rivas (2019) e «A lavandeira de San Simón» con Bea Gregores (2020).