Logo Xerais

Info autor/a

Queizån, María Xosé

(enviar correo)

MarĂ­a XosĂ© QueizĂĄn (Vigo, 1939), escritora, ensaĂ­sta, tradutora, activista, directora da revista «Festa da palabra silenciada» e pensadora feminista, Ă© unha das autoras mĂĄis relevantes e influentes. Foi nomeada Socia de Honra da AELG e recibiu premios como a Voz da Liberdade do PEN Clube (2011), Premio Irmandade do Libro (2013) e Premio da Cultura Galega (2016). Como narradora deu ĂĄ luz as seguintes novelas: «A orella no buraco» (1965), «Amantia» (Xerais 1984), «A semellanza» (1988), «O segredo da Pedra Figueira» (Xerais 1989), «Amor de tango» (Xerais 1992), «O solpor da cupletista» (Xerais 2003), «Ten o seu punto a fresca rosa» (Xerais 2000), «Meu pai vaite matar» (Xerais 2011), «A boneca de Blanco Amor» (2014) e «Son noxento» (Xerais 2015), o volume de relatos «Sentinela, alerta! » (Xerais 2002) e a biografĂ­a «Emilia Pardo BazĂĄn. Unha nena seducida polos libros» (Xerais 2014). Como poeta Ă© autora de: «MetĂĄfora da metĂĄfora» (1991), «Despertar das amantes» (1993), «FĂłra de min» (1995), «Non o abras como unha flor» (Xerais 2004) e «CĂłlera» (Xerais 2007). Froito da sĂșa actividade teatral son a traxedia «AntĂ­gona, a forza do sangue» (Xerais 1991), o drama «Cartuxeira» (2008) e a comedia «Neuras» (2008). Como ensaĂ­sta publicou: «A muller en Galicia» (1977), «Recuperemos as mans» (1980), «Evidencias» (Xerais 1990), «Escrita da certeza» (1995), «Misoxinia e racismo na poesĂ­a de E. Pondal» (1998), «Racionalismo polĂ­tico e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades» (Xerais 2004), «Anti natura» (Xerais 2008), «Mary Wollstonecraft Shelley e a sĂșa criatura artificial» (Xerais 2011), «RosalĂ­a de Castro e o poder sexual» (Xerais 2017) e «Despoxos e vĂ­sceras ilustres» (Xerais 2019). As sĂșas memorias estĂĄn recollidas en «Vivir a galope» (Xerais 2018).

As súas obras como autor/a