Logo Xerais

Info autor/a

Rivas, Manuel

(enviar correo)

Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: “Todo ben” (1985); “Un millón de vacas” (1989), Premio da Crítica Española; “Os comedores de patacas” (1991); “En salvaxe compaña” (1994), Premio da Crítica Galicia; “Que me queres, amor?” (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; “O lapis do carpinteiro” (1998), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); “Ela, maldita alma” (1999); “A man dos paíños” (2000); “As chamadas perdidas” (2002); “Contos de Nadal” (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como “Madonna e outros contos de inverno” (2015); “Os libros arden mal” (2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; “Todo é silencio” (2010), “As voces baixas” (2012) e ''O último día de Terranova'' (2015). Reuniu todos os seus contos no volume “O máis estraño” (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega. Para o público infantil ten publicados os contos “O sombreiro Chichiriteiro” (2009), “O raposo e a mestra” (2013) e “Bala Perdida” (1997, Xerais, 2016). En 2015 publicou o poemario “A boca da terra”.

As súas obras como autor/a