Mariño Davila, Esperanza Luz
(enviar correo)Esperanza Luz Mariño Davila (Santiago de Compostela, 1963), licenciada en FiloloxÃa Galego-Portuguesa, exerce a docencia desde 1986; nos últimos tempos, como catedrática de lingua galega e literatura nun Instituto compostelán do Ensino Secundario. Investigadora de temas lingüÃsticos e literarios, editou a novela D´a emigración (1993) do pobrense Antón Paz MÃguez; nos anos noventa tamén representou Galiza na Fédération Européenne des Maisons de Pays.No campo do ensaio escribiu os volumes ''´Dicionario´ MarÃa Mariño'' (2007) e ''´Dicionario´ UxÃo Novoneyra'' (2010). Como tradutora publicou ''Historia universal de Paniceiros'' (2008) e ''Os nomes da terra'' (2010), de Xuan Bello e ''Avó Ismail'' (2011) de Esther Prieto. Colaborou en múltiples revistas: ''Dorna'', ''Festa da Palabra Silenciada'', ''Grial'', ''Revista de Lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca'' (UNED), ''Barbantia'', ''Lletres Asturianes'' etc. Conferenciante en numerosas Xornadas e Congresos dentro e fóra de Galiza, recibiu premios de poesÃa, relato e crÃtica literaria. Pertence a numerosas asociacións culturais, entre elas a Academia Real Isaac DÃaz Pardo (creada en 2013 e onde colabora desde a directiva). A partir dese mesmo ano comezou a investigación sobre a biografÃa e obra do persoeiro, tendo publicado varios artigos en revistas, libros e un catálogo; de aà que a súa última contribución sexa un intenso estudo dunha das facetas máis descoñecidas do extraordinario e poliédrico creador, nunca antes recompilada: ''A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac DÃaz Pardo'' (2021).