Logo Xerais

Info ilustrador/a

Varela Ferreiro, Alberto

(enviar correo)

Alberto Varela Ferreiro (Carballo) é ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Actualmente traballa como deseñador gráfico e participa en exposicións, realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como "A Ameixa Cacofónica", "Taka de Tinta", "Gaudeaumus" ou "Trilateral", e logo na revista "Golfiño" (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º Premio do concurso do cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio "Continuará" da facultade de Sant Jordi, ou o Premio "Curuxa" do Museo do Humor de Fene. Como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil "Anamarciana": "Anamarciana" (Xerais 2000), "Anamarciana. Vacacións en Europa" (Xerais 2003) e "Anamarciana no Planeta Vermello" (Xerais 2005) e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: "Brrumm-Brrumm" (Xerais 2004) sobre o tráfico e a mobilidade, "Lume!" (Xerais 2007) e "Dona Landra no Río Revolto" (Xerais 2009), ambos os dous protagonizados polo personaxe de Dona Landra. En 2018 publica en Xerais a banda deseñada "Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia".

As súas obras como ilustrador/a