Logo Xerais

Info ilustrador/a

Porto Hermida, Miguel

(enviar correo)

Miguel Porto (Vigo, 1980), licenciado en Belas Artes, traballa no eido da ilustración e a banda deseñada. Dende 2012 combina estas actividades co labor docente na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético. En 2014 creou o festival de debuxo do natural no rural Bosquexo, onde segue exercendo como director e organizador. A súa sinatura aparece en numerosas publicacións de banda deseñada. Seus son os álbums de BD «Tirant lo Blanc» (2008), «Allen son of Hellcock» (para o mercado dos EEUU, con guión de William Tracy e Gabe Koplowitz, 2017) ou «Subnormal, una historia de acoso escolar» (con guión de Fernando Llor, 2020). Como ilustrador traballa sobre todo en libros de texto e LIX para diversas editoriais. Tamén fai ilustración en prensa, storyboards para publicidade ou cartelería para diversas produtoras.

As súas obras como ilustrador/a