Logo Xerais

Info ilustrador/a

Vázquez, Alberto

(enviar correo)

Alberto Vázquez, A Coruña, 1980, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Valencia, cursou estudos na Escola Massana de Barcelona e en 2002 publicou Freda, que foi seleccionado para integrar o catálogo White Ravens. Ao devandito traballo seguiríanlle Psiconautas (2006), El Evangelio de Judas (2007), POE ou La Sombra sobre Innsmouth. A súa obra foi distinguida co Premio INJUVE de cómic e ilustración (2001), o Premio Nacional Valenciacrea (2004), o Premio Diario de Avisos ao mellor guión realista (2007), o Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración (2007) e o Premio do público ao mellor debuxo no Salón Internacional de Cómic de Barcelona (2007). Foi membro fundador do colectivo Polaqia, coeditor do Fanzine Enfermo e Condorito Muerto. Colaborador habitual de El PaísSemanal, Vázquez publica en revistas nacionais e internacionais como Vanity Fair, Stripburger, Nosotros somos Los muertos ou Pictoplasma. No 2010 dirixiu o curto de animación BIRDBOY, baseado no seu cómic Psiconautas que gañou varios galardóns como o festival internacional de Foyle e o premio ZINEBI 2010 ao mellor curto vasco. Moscú, Beja, Bos Aires, Nápoles, Ourense ou La Paz son algunhas das cidades onde expuxo os seus traballos.En Xerais publicou "Verbas de sal" (2011) de Antonio García Teijeiro e os álbums de El Hematocrítico "Feliz feroz. O lobo riquiño" (2016), "Axente riciños" (2016) e "O lobo con botas" (2018).

As súas obras como ilustrador/a