Villar, Mar
(enviar correo)Mar Villar (Alacant, 1984) é ilustradora infantil. Estudou Belas Artes, primeiro en Altea e despois en Salamanca. Foi entón cando se lle cruzou a ilustración no camiño e viu claro a que querÃa dedicarse. En 2009 obtivo un accésit nos premios INJUVE, que a animou a preparar un portafolio e mudarse a Madrid coa intención de ensinalo. Cos anos foi abrÃndose camiño e actualmente traballa principalmente ilustrando libros infantÃs. En Xerais, ilustrou «Rapunzel con piollos» (2019), «Alcaldesa Vermella» (2020) e a serie Os Minimortos: «Benvidos ao Outro Barrio» (2020) e «Criando malvas» (2021).