Logo Xerais

Info ilustrador/a

Monteys, Albert

(enviar correo)

Albert Monteys (Barcelona, 1971) é historietista e ilustrador. De 2004 a 2014 publica na revista «El Jueves» as series «Tato» e «¡Para ti, que eres joven!», esta última con Manel Fontdevila. Dende 2014 ata 2017, xunto con outros guionistas e debuxantes crea a revista dixital mensual «Orgullo y satisfacción», da que se publicarían 46 números. En 2018 publica «El show de Albert Monteys», serie humorística de corte autobiográfico e unha reedición ampliada de «Carlitos Fax», personaxe creado para a revista «Mister K», orientada ao público infantil. En formato dixital mantén dende 2014 a exitosa serie de ciencia ficción «¡Universo!», pola que recibiu o Premio Zona Cómic e mais o Premio Cómic Barcelona á Mellor Obra de Autor Nacional, así como a candidatura aos Premios Eisner ao Mellor Cómic Dixital por en 2017. Entre outros moitos galardóns, en 1994 conseguiu o Premio do Saló do Cómic de Barcelona ao Mellor Fanzine por «Mondo Lirondo» e en 1996 o Premio ao Autor Revelación por «Calavera Lunar».«A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020) son as súas primeiras obras en Xerais.

As súas obras como ilustrador/a