Arias, ValentÃn
(enviar correo)ValentÃn Arias Membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia. A súa figura revalorizou coma ninguén o papel da tradución no ámbito editorial en Galicia. O seu labor como tradutor recibiu numerosos recoñecementos como o premio Ramón Cabanillas de Tradución, o Premio de Tradución Xuvenil do Ministerio de Cultura e o Premio de Tradución Plácido Castro. Ao seu criterio rigoroso debemos a revisión de boa parte dos cen primeiros tÃtulos publicados por Xerais, a redacción dalgúns dos primeiros libros de texto para o ensino do Coñecemento do Medio en Educación Primaria e a tradución de moitos dos tÃtulos das primeiras coleccións infantÃs da editorial, Arroás, XabarÃn e O rato Pérez . Traduciu a autores como Verne ("A volta ao mundo en 80 dÃas", "Viaxe ao centro da Terra") , Le Clézio ("Mondo e outras historias"), Saint-Exupéry ("Voo de noite"), Duras ("O xardÃn), Ricardo Mella ("Lombroso e os anarquistas"). Preparou as versións galegas de libros de investigación como "A guerrilla antifranquista en Galicia" de Heine, "Diego XelmÃrez" de Biggs ou "Os galeóns de Rande" de Stenuit.