López Dobao, Xosé Antón
(enviar correo)Antón Dobao naceu en Lugo o 16 de xullo de 1963. Licenciado en Filoloxía Galega, éescritor, guionista e director. Na TVG, traballa como Asesor Lingüista e dirixe o proxecto de ficción audiovisual UnMundo de Historias, do que tamén é creador. Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias daInformación da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro deEstilo. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Membro fundador do PEN Club de Galicia. É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ourodesde a súa fundación. É membro do Consello de Redacción da revista Cadernos de Lingua, da RAG. En narrativa ten publicado ``Incertos´´ (Xerais 2008), en poesía ``Desde o teito da noite´´ (Xerais 1987), ``Caderno dos dereitos e das horas´´ (Deputación da Coruña, 1994), ``O tempo entre murallas´´ (Xerais 1997), ``Materia´´ (Xerais 2005), ``Onde o ollar comeza a doer´´ (Sotelo Blanco, 2007) e participou no libro poético colectivo ``Xuro que nunca volverei pasar fame´´( editado pola Asociación Redes Escarlata. No campo da tradución ``A granxa dos animais (Animal Farm)´´, de George Orwell, en Edicións Positivas, ``O vaso de prata (El vas de plata)´´, de Antoni Marí, en Sotelo Blanco, ``Nove Contos (Nine Stories)´´, de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco, ``Mr. Vertigo´´, de Paul Auster, en Sotelo Blanco, ``Ferros e ameixas (Ferros i prunes)´´, de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais e ``Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes)´´de Sergi Pàmies, Edicións Xerais. É creador e director do proxecto de ficción audiovisual da TVG ``Un Mundo de Historias´´, consistente nos seguintes produtos: Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo.``A biblioteca da iguana´´ (director e guionista), baseada no relato homónimo de XoséMiranda (2005). ``O bosque de Levas´´ (director e guionista), baseada na novela homónima de AlfonsoÁlvarez Cáccamo (2006).``A mariñeira´´ (director e guionista), baseada no relato "A Mariñeira de Quilmas", deDarío Xohán Cabana. (2007). Premio do Houston International Film Festival 2008 ePremio Mestre Mateo 2008 á Mellor Película para Televisión. ``O Club da Calceta´´ (director e guionista), baseado na novela homónima de MaríaReimóndez. (2008), Grande Prémio do Festival Internacioinal de Cinema FamaFest2009, Finalista do Europa Prix 2009. ``Sinbad´´ (director e guionista), longametraxe baseada na novela de Álvaro Cunqueiro Se o vello Sinbad volvese ás illas... (2011). Ten publicados diversos traballos sobre lingua, sociolingüística e cuestións culturais esociopolíticas en diferentes publicacións periódicas de Galicia.