Número de libros encontrados: 10
O enigma de Sempreviva
Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque está tan contaminada que non medra nada en toda a contorna...
Alma de elefante
Suy e Lawen son xemelgos. Suy ten alma de bolboreta e Lawen de elefante. Ou iso di a velliña Champey. A Suy parécelle imposible: el é máis forte e sempre coidou da súa irmá xemelga...
Que me pare o corazón se te esquezo
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía...
A folla azul
A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva...
Conta nove estrelas
Uns pequenos e peludos animais ameazan a Galaxia Oma. Desde o Observatorio Interestelar, os Vixilantes ordenan o exterminio de toda a especie, xa que os bobós, malia o seu adorable aspecto, son seres salvaxes e perigosos...
O que sei do silencio
«Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans...
Europa Express
Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe...
Nubes de evolución
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu...
Proxecto Bolboreta
Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como "Efecto Bolboreta", acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: "o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo"...