Número de libros encontrados: 33
Conta, Sherezade
Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla...
O segredo de Joseph Haydn
Suso de Toro relata un episodio descoñecido até o momento da biografía de Joseph Haydn: un desvío da ruta que o levaba a Londres e que lle permitiu coñecer o reino galego...
A sombra cazadora
Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírtelles: «Imaxinade que a vosa sombra se separa de vós e cobra vida propia...
Descubrindo Ana Pontón
Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario...
Ambulancia
A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso...
Unha rosa é unha rosa
"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta...
Tac tac tac
"Tac Tac Tac" é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo...
Polaroid
A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha auténtica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado...
Un señor elegante
A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste...
Dentro da literatura
Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra...
Fóra de si
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente...
Conta saldada
Catuxa fala co fantasma do seu pai despois de que morrera no despacho da súa xestoría, probablemente asasinado por un cliente violento que se dedicaba ao narcotráfico...
Humildar
Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras...
O país da brétema
Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental...