Número de libros encontrados: 51
Noa e a cidade sen maxia
Noa é unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia, da que todo o mundo renega. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas...
Carrilanas bestiais
Vacacións de verán na aldea e unha carreira de carrilanas. Ten boa pinta. Pero cando hai dous grupos de mozos e mozas enfrontados, e aparecen sospeitas de sabotaxe, das risas pasamos aos berros...
Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas
Tras a aventura que viviron na Terra, os intrépidos exploradores espaciais Lalo e Rufino, acompañados agora tamén por Bicudo, continúan a viaxe polo Universo...
Idol!
Vega e Ámbar son dúas adolescentes de 16 anos que deciden concursar en «Idol!», un «talent show» onde un grupo de rapazas probarán sorte para tentar convertérense en estrelas da música...
Chove!
Miñoca adora a choiva, pero ningún dos seus amigos está disposto a mollarse para xogar con ela. Ben, se cadra hai alguén a quen non lle molesta que chova...
Ideafix e os irredutibles, 1
Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans...
Os vagalumes de Marí
Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase...
Astérix. O Lirio Branco
Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor...
Nerea. A invasión dos trastos
Tes mensaxes de no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?...
Astérix O galo
O primeiro álbum da serie de cómics máis popular do mundo. Con este título nace Astérix, o mítico heroe galo creado polos famosos Goscinny e Uderzo...
O caderno de rama
Por mor da guerra que asola a cidade, un rapaz queda orfo. Cando é trasladado ao orfanato, descobre que as únicas pertenzas que lle quedan (un caderno e uns lapis que lle regalara a súa nai), teñen poderes máxicos: todo o que debuxa vólvese realidade...
Miñoca e ourizo
Miñoca coñece un ourizo cacholán que di ser faquir, encantador de miñocas e lanzador de pugas pero... será certo? Outra aventura de Miñoca onde volve quedar claro que para ser amigos abonda cunha boa pizza carbonara...
Incoloro
Os sangue vermello tomaron o control das terras de Aórtica e escravizaron os sangue verde. A única esperanza deste pobo é que se cumpra a profecía segundo a cal un sangue branco conseguirá liberalos...
Plus Ultra.Transición ao futuro
Alberto Varela volve á banda deseñada de carácter histórico cunha obra ambientada na época da Transición. Pepe Pardiñas é un emigrante galego retornado de Suíza con coñecementos do mundo da ufoloxía e do paranormal...