Número de libros encontrados: 154
A Cova das Vacas Mortas
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder marchar de alí e embarcar nun petroleiro...
Corredores de sombra
Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques...
A sombra descalza
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil...
O paxaro do mel
Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos...
O lago das garzas azuis
O lago das garzas azuis de Alfonso Pexegueiro é un Conto-Poema que ten como protagonista o mundo infantil. As garzas azuis viven nun lago que hai debaixo das areas do deserto de Nabalpam...
O Brindo de ouro I
Selmo, o fillo do gardián da tribo dos arxinas, coñece a desfeita de Cido, a súa aldea, que foi incendidada polos seus inimigos, os valecos da tribo dos broncedos...
Crónicas marcianas
"Crónicas marcianas" de Ray Bradbury é unha colección de relatos que constitúe a crónica dos primeiros intentos dos habitantes da Terra, desde 1999 a 2026, para colonizar o planeta Marte, un deserto de area azul, con ruínas de cidades xadrezadas e ocasos amarelos...
Guía para xoves maniáticos
Quedarei embarazada a primeira vez? Cal é o tamaño medio dun pene? Teño exceso de peso, que podo facer? Se probas un cigarrillo, xa te fas adicto? Como sabes se es gay? Canta cantidade de alcohol é razonable beber nunha festa? Este libro resposta a estas e moitas outras preguntas reais tiradas dos milleiros de e-mails recibidos na páxina web (teenagehealthfreak...
O inferno de Marta
Cando aceptou saír con aquel mozo, Marta non sabía que poñía un pé no inferno, e que a partir de entón sería tan doloroso penetrar como tratar de escapar de alí...
Tres pasos polo misterio
Tres pasos polo misterio recolle tres relatos nos que a presenza do misterio ocupa un lugar central. En cada un deles unha persoa narra un suceso desacougante e inexplicable que acabou por mudar de xeito profundo a súa vida...
Irmán do vento
"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos...
Lúas de nácara
O xardineiro Cosme traballa so as lúas de nácara, cando as sombras cobran luz e os amantes soñan con ser camelias e florecer mesmo no inverno. Henrique Bouzas, un emigrante retornado, acode a unha cita nos xardíns do sur para pagar a débeda que o seu avó mantiña cun dos seus familiares...
Rapazas
¿Que estraña misión trae un extraterrestre deica o noso planeta? ¿Que sucede cando se mantén unha estarrecedora relación cun fantasma? ¿Que segredo garda unha misteriosa pedra atopada na area dunha praia? Estas son algunhas das preguntas que fixeron nacer os relatos deste libro de Agustín Fernández Paz...
O Señor dos Aneis III
O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia...
Noite de voraces sombras
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta...
Pel de lobo
Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando...