Recén chegados

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Doce voz de Megafonía

Xesús Constela

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Ata que a morte nos separe

Elena Gallego Abad

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 7

Mediometrópole e os superheroes

Chinto

Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo...

Bichería

Chinto

Un libro cheo de paxaros, insectos, peixes, réptiles, felinos e demais bichería con máis de corenta contos pequenos, pero grandes en humor e tenrura, nos que descubrirás as cousas estrafalarias que lles aconteceron a estes animais e mesmo a verdadeira orixe dalgúns deles...

Poemar o mar

Antonio García Teijeiro

"Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra...

Florentino, o príncipe Quino

Gloria Sánchez

Nun país habitado por corrichos, o máis porcallán de todos eles era Martiño, o rei. Todo o país era unha auténtica inmundicia, del emanaba un cheiro tan fedorento que ata os paxaros que pasaban voando por riba do reino caían ao chan privados do sentido...

Valados

Agustín Fernández Paz

Helena e Xoel son amigos inseparables, non hai horas que lles cheguen para estaren xuntos. Na súa vila comezan a suceder feitos que os desacougan; semella que un vento estraño varreu a alegría das rúas e deixou no seu lugar odio, xenreira e medo...

Restaurante Farruco

Chus Pereiro

No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante...

O armario novo de Rubén

Xabier P. DoCampo

"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu...