Recén chegados

O lado nobre

O lado nobre

O lado nobre

Irene Lourido

As esquinas

As esquinas

As esquinas

Miguel Calvo Marques

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 7

Criaturiña

Antonio M. Fraga

Ulises, un neno que adora a rutina e soña cunha vida tranquila, recibe un estraño ovo da súa tía Artemisa. Por outra parte, Francisco Bestilleiro, coñecido como o Efebeí, aspira a ser o mellor policía da vila, aínda que as súas misións sempre acaban en desastre total...

Papá caníbal

Antonio M. Fraga

Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo...

O corazón da maxia

Xavier Estévez

Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse...

O maquinista Antón

An Alfaya

O maquinista Antón é unha obra de teatro dun único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis...

Estanislao, príncipe de Sofrovia

Manuel Lourenzo González

O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do antigo e poderoso reino de Sofrovia debido á potencia dos berros que emitiu en canto viu a primeira luz...

Resalgario

Antonio Reigosa

Resalgario é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Resalgario cando viste de demo ten cara de coello, pelello negro, as mans peludas, pés de cabra, uñas de gato e un rabo enrodelado...

Tanis I o Mocos

Manuel Lourenzo González

O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo...