Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 9

Unha unicornia

O Hematocrítico

Estrela é unha unicornia á que lle encantan as nenas: todo no seu cuarto está decorado con imaxes de pequenas humanas. Cumprirá o seu soño de coñecer unha nena de verdade algunha vez?

Oso banda

O Hematocrítico

Á Oso banda só lle gustan as cousas brancas e negras. Ou iso parece... Un conto de humor sobre como facer equipo.

Gaivota gourmet

O Hematocrítico

Á gaivota Mori encántalle comer sempre no mesmo restaurante: o patio do cole! Un conto de humor sobre como nos alimentamos.

Un can

O Hematocrítico

Moncho é un can, aínda que algúns non queiran recoñecelo. Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente.

O meu irmono

O Hematocrítico

Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo.

O lobo con botas

O Hematocrítico

Lobiño Feroz é o maior admirador do Gato con Botas, a estrela infantil de moda entre os animais do bosque. Todos queren vestir o seu sombreiro, empuñar a súa espada e calzar as súas botas, algo que o tío do Lobiño aproveita para facer negocio...

Axente Riciños

O Hematocrítico

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa...

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

O Hematocrítico

A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade...

Autor/a da semana

Verbas de sal

Antonio García Teijeiro

Vilamollada é unha vila máis ben pequena, con nubes negras e brancas que tinguen de gris as súas rúas estreitas, cun sol morno que aloumiña os tellados das casas e unha choiva que se perde no mar, facéndolle cóxegas ás ondas...