Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 5

O corazón dos paxaros

Xerardo Quintiá

«O corazón dos paxaros» é unha alegación contra a caza. Unha historia que abala entre o divertimento e o compromiso na que, a través do humor, a poesía e a musicalidade dos xogos de palabras, se busca pór de manifesto a importancia dos animais e a necesidade dun cambio profundo na nosa relación con eles...

O valo

Carlos Labraña

No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede...

Animalario de ler a diario

Eduard Velasco

Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día...

Pioneiras

Anaír Rodríguez

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes...

Rubicundo

María Canosa Blanco

Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás...