Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

books
Temática
formato
IDADE

Número de libros encontrados: 5

Refugallo o espantallo

Irene Alonso Gasalla

Comba é unha nena moi espelida e moi peculiar. Acompañada do seu gato Chosquiño, gústalle recoller materiais de refugallo para darlles unha nova vida: fai lapiseiros cos frascos de mel, xoieiros con caixas de ovos e casas de bonecas con cartóns de leite...

A cidade dos desexos

Agustín Fernández Paz

Un día, os nenos e nenas da cuadrilla baten cunha persoa enigmática, capaz de facer as cousas máis estrañas e fascinantes. Con esa persoa van emprender a aventura de cambiar por completo a cidade onde viven...

Somos os monstros

Paula Carballeira

Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un mostro pequeno habitan nese bosque...

Debaixo dun parasol

Azucena Arias Correa

Despois do longo inverno xa é posible sentir o cheiro salgado e húmido da praia, a pesar de haber tanta xente como para encher libros e libros coas súas historias...

Quen dá a quenda?

Héctor Cajaraville

Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias...