Número de libros encontrados: 5
Sei cantar e sei bailar
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar...
Muriel. Caos no laboratorio lácteo
Muriel e o inseparable raposo Blim viven unha calma apracible no seu castelo. Apenas reciben cartas e botan en falta os atafegos doutra época. Mais todo muda logo dun lixeiro estrondo no laboratorio...
A furgoneta branca
Cada mañá a mesma cantilena. Pedro pega o seu nariz á ventá mentres agarda pola chegada da furgoneta branca. Nela, un home leva todos os días o alimento para o cabalo novo que tamén espera impaciente na veiga de en fronte...
Muriel
A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas...