Número de libros encontrados: 3
Animalario de ler a diario
Esta noite hai foliada no souto e os animais convídannos a bailar con eles e a descubrir como viven polo ar, pola terra e polo mar. A vacaloura, o morcego, o corrobolás ou o caranguexo tatexo farannos rir e emocionarannos, e tamén farán que xoguemos cos poemas deste divertidísimo animalario de ler a diario, con bicharía da noite e do día...
Palabras de Opoton O Vello
A novela Palabras de Opoton o Vello, de Avel·lí Artís-Gener está considerada unha obra de referencia da literatura catalá do século XX. Ambientada en Galicia, o autor quixo darlle a volta á historia nunha ficción na cal seis canoas aztecas parten de México no ano 1498 en dirección a Galicia para descubriren o novo mundo...
Os días felices de Benvido Seixas
Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas...