Número de libros encontrados: 3
Violeta ás agachadas
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña...
Tres bichicomas, dúas illas e unha serea
Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse...
Pioneiras 2
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións...