Número de libros encontrados: 4
Fred Quincalla, o nómade do mar
Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza...
O aroma do liquidámbar
Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente...
Lúa do Senegal
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado...