A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega
AntoloxÃa
MarÃa Jesús Agra Pardiñas (Coordinador/a)
Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador/a)
MATERIAIS EDUCATIVOS
A literatura xoga un papel fundamental na interpretación das vivencias experimentadas durante a nenez e a mocidade. Esta é a razón pola que neste traballo, coordinado polas profesoras da Universidade de Santiago MarÃa Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou e promovido por GALIX, recóllese unha antoloxÃa de trinta e oito obras da literatura infantil e xuvenil editada en galego que refliten, dende diferentes puntos de vista, as traumáticas consecuencias das guerras e dos conflitos bélicos e as súas repercusións para a humanidade.O corpus seleccionado nesta antoloxÃa, ten, pois, como elo unificador a lingua galega, aÃnda que o orixinal fose escrito noutras linguas, organizándose a súa significatividade arredor de cinco eidos temáticos: "campos de concentración e refuxiados", "consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade", "episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes", "actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos" e "os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo".A presente antoloxÃa, dirixida a un lectorado entre os dez anos e a fronteira entre a mocidade e a madureza, ten toda ela carácter narrativo, incluÃndo textos dos seguintes autores galegos: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos Pico, Margot Chamorro, Francisco Fernández Naval, AgustÃn Fernández Paz, Manuel MarÃa, Antonio GarcÃa Teijeiro, Andrés GarcÃa Vilariño, Xosé Ramón González Ãlvarez, Siro López, Xavier López RodrÃguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel MartÃnez Oca, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño.Os estudos preliminares e a escolla e edición dos textos antologados foron realizados por Eulalia Agrelo Costas, Isabel Mociño González, Marta Neira RodrÃguez, Amaro Raviña Rosende, Isabel Soto López e as dúas coordinadoras da obra, MarÃa Jesús Agra Pardiñas e Blanca Ana Roig Rechou.