Outra idea de España
Mar de fondo
Suso De Toro (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Xornalismo
2ª Edición
Este libro nace dun acto cÃvico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxÃa inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aÃnda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José MarÃa Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do paÃs de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea polÃtica de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.