Logo Xerais

Ficha libro

O coello Federico

Xosé Miranda (Autor/a)
Roberto Yepes (Ilustrador/a)

INFANTIL E XUVENIL>MERLÃN>Merliño

2ª Edición

O coello Federico era un coello alegre, roedor e corredor, amigo dunha lebre e máis dun reiseñor. Farto de comer leitugas e cenoiras, atopou un día, fuxindo de raposas e rapinas, un campo cheo de morodos, dos que comeu tantos ata enfermar de indixestión. Mentres cura, os seus curmáns cómenlle tódolos froitos. Pero Federico prepara un plan para deixalos burlados. O coello Federico é un conto de tradición oral popular, reescrito por Xosé Miranda e ilustrado por Roberto Yepes. Como título da nova colección «Merliño» está concibido para ser utilizado directamente por primeiros lectores ou tamén, para ser lido por pais ou profesores a nenos máis pequenos.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • -
  • -
  • -
  • -
  • -
  • (0 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.