A casa dos Lucarios
Teresa Moure (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
6ª Edición
Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, MarÃa Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alà levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira. Despois, Chicho tirarÃa coa corte e construirÃa a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida Ãa manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrÃas, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.