Feminismos
Olga Castro (Autor/a)
MarÃa Reimóndez (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>XERAIS UNIVERSITARIA>ANTROPOLOXÃA / SOCIOLOXÃA / ECONOMÃA
2ª Edición - Premio Fervenzas Literarias 2014 (Mellor libro de Ensaio)
Feminismos, de Olga Castro e MarÃa Reimóndez, é unha guÃa de viaxe a través da cartografÃa dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teorÃa e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espÃrito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén MartÃn Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou Ãfrica subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluÃdas. Este mapa dos feminismos na xeografÃa e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, polÃticos e sociais concretos».Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén MartÃn Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convÃdannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorÃas e prácticas feministas xeralmente excluÃdas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».