O Segredo da Pedra Figueira
MarÃa Xosé Queizán (Autor/a)
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO
2ª Edición
Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terrorÃficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesÃa avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aÃnda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando algúns ao chegar a noite, cando se converten en lobas. Chegan por fin a Findasol, cidade á que acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Pero os habitantes de Tule non se afacÃan á cidade e instaláronse en chouzas no campo. Camiñando polo monte, Lazo atopou un dÃa tres pedras, escoitou unha palabra tres veces e abrÃuselle unha cámara onde estaba unha vella vellÃsima: é a Custodiante do Segredo da Pedra Figueira, que contén a SabedorÃa e todo o Ben. Proponlle que ela sexa a súa sucesora e viva alà illada custodiando a pedra e feliz coñecendo a Verdade. Pero ela prefire vivir a vida coas súas xentes. Aprendeu a labrar a terra e pescar e ás veces fica abstraÃda, porque sabe un segredo: o da Pedra Figueira. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografÃa, historia e mitoloxÃa.