s/t
Emma Pedreira (Autor/a)
EDICIÓN LITERARIA>POESÃA
Premio Gonzalo López Abente, 2015
Algunhas obras quedan sen tÃtulo (s/t) cando o autor non é quen de abranguer nunha única expresión todo o espÃrito definitivo da obra que vén de crear. Pode resultar un labor difÃcil de máis cando hai que pechar nel unha declaración de intencións e unha sÃntese. Ãs veces a mellor escolla é o silencio. Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado tÃtulo leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas fÃsicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos dÃas. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raÃz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuÃdo xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.