Logo Xerais

Ficha libro

Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte

Xurxo Martínez González (Autor/a)
Emilio Xosé Ãnsua López (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA>Biografía

Premio Gala do Libro Galego, 2019 (Ensaio e Investigación)

«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala.Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.Emilio Ãnsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.

Descargas

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (6 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.