Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Servicio de urxencias

Autor/a : Suso De Toro

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro.

Material complementario

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris. O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

  • Colección

    FÓRA DE XOGO

  • Código

    1365063

  • I.S.B.N.

    978-84-8302-827-8

  • Publicación

    06/06/2002

  • Clasificación IBIC

    YFB

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    192

  • Tamaño

    21 x 13 cm

Libros de Suso De Toro

CAMALEÓN

O segredo de Joseph Haydn

O segredo de Joseph Haydn

FÓRA DE XOGO

A sombra cazadora

A sombra cazadora

ALTERNATIVAS

Descubrindo Ana Pontón

Descubrindo Ana Pontón

Sobre a colección FÓRA DE XOGO