Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

Un mundo de palabras

Autor/a : Agustín Fernández Paz

"Un mundo de palabras" reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012).

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

"Un mundo de palabras" reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura. Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións de signo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súa importancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animación, achegando as súas propias propostas. Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de Agustín Fernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345153

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-234-8

  • Publicación

    15/06/2017

  • Clasificación IBIC

    DNF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    160

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

Libros de Agustín Fernández Paz

De 9 anos en diante

A praia da esperanza

A praia da esperanza

De 7 anos en diante

A cidade dos desexos

A cidade dos desexos

FÓRA DE XOGO

Cartas de inverno

Cartas de inverno

Sobre a colección CRÓNICA