Logo Xerais

Ficha libro

Long Play

Lois Pérez Díaz (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>POESÍA

"Long Play" soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de "jukebox de autoxeografía". Estes versos teñen un pé no feitizo do estético, transitando pola benévola tiranía da rima; e outro, na inmediatez da emoción, a da esquina sucia do ring, cando o centro do libro viaxa ás formas máis propias da canción ou da "twitteratura" a ritmo de música e desexo, coma un parteluz que observa a "aritmética beatle": letras tristes + alegres melodías. A "forma" do Long Play navega libertaria cara ás augas de sinxeleza do fondo, tensando as fronteiras do xénero poético que galantea por intres con algún "riff" de humor –se Ian Curtis é de Curtis e Ohio é O Hío, eu a Bueu digo vou, Jhonny, go, go!– e evasións cara "outros territorios posíbeis"; concíbese o propio proceso de creación como un "crescendo de arte e ensaio" pleno de liberdade e de poesía por si mesmo. As palabras cantan e denuncian, celebran, imaxinan e protestan, concisas e inmersas na observación da experiencia vital: os problemas, os medos e inquedanzas de quen as escribe, os ollos tisnados da infancia infinda.A "ledicia blue" que agroma do triste.A loita por habitar os silencios da nosa zona escura.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • ·
  • -
  • -
  • (6 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.