Logo Xerais

Ficha libro

As bolboretas do Mekong

Caderno de Indochina

Cesáreo Sánchez Iglesias (Autor/a)

EDICIÓN LITERARIA>POESÃA

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (2 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.