Introdución ás relatividades de Einstein
Ramón Vilalta López (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>BÃSICOS CIENCIA
É posÃbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro? En ciencia, empregamos teorÃas e modelos para explicar os feitos observados e as leis cientÃficas que obtemos da experimentación.No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construÃmos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, asà como diversos feitos que requirÃan explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorÃas; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teorÃa xeral.Atendendo a certos requirimentos (aquà xógase coa idea da 'vaca esférica'), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluÃr do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da CosmoloxÃa moderna e inicio da que poderÃa ser, no futuro, unha nova teorÃa (gravidade cuántica, supercordas?).