Logo Xerais

Ficha libro

Dragal V

O segredo do dragón

Elena Gallego Abad (Autor/a)

INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal?Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores.«Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón.»

Valoracións

  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • Valora
  • *
  • *
  • *
  • *
  • *
  • (8 valoracións)
Valoarción grabada correctamente. Actualice para ver resultados.
Error inesperado al grabar valoración. Inténtelo de nuevo más tarde.