Recén chegados

A rede branca

A rede branca

A rede branca

Paco Morgan

A noite das cebolas

A noite das cebolas

A noite das cebolas

Rosa Aneiros

O Fresco. Memorias dun fuxido, 1936

Autor/a : Víctor F. Freixanes

Memorias de Manuel González Fresco, fuxido asasinado na noiteboa de 1936 nos montes do Confurco. Obra de Víctor F. Freixanes pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

Partilla este libro

facebook twitter

Sinopse

Uns din que o mataron os falanxistas e a Garda Civil nos montes do Confurco. Outros, que houbo traizón, que foron os seus propios compañeiros. Sucedeu na noiteboa de 1936, logo de andar fuxido polos montes do sur de Pontevedra con 223 homes que loitaban pola República. Manuel González «O Fresco» era un «señorito» desclasado nas organizacións da Fronte Popular. Daqueles días arrepiantes da Guerra Civil deixou escritas unhas memorias que, preparadas por Víctor F. Freixanes, viron a luz por primeira vez en Xerais en 1980, despois dun silencio de máis de corenta anos. Presentado pola revista «Triunfo», o libro foi finalista ese ano do Premio Internacional da Prensa en Niza. Catro décadas despois daquela primeira edición, volvemos publicar «O Fresco. Memorias dun fuxido (1936)», obra pioneira no relato biográfico dos homes e mulleres que deron a vida por se arrepoñeren á sublevación militar franquista na defensa dos ideais republicanos e por un sistema máis xusto de convivencia.

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1345163

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-531-8

  • Publicación

    13/06/2019

  • Clasificación IBIC

    BGH

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    176

  • Tamaño

    22 x 14.5 cm

  • Colección

    CRÓNICA

  • Código

    1378804

  • I.S.B.N.

    978-84-9121-535-6

  • Publicación

    13/06/2019

  • Clasificación IBIC

    BGH

  • Formato

    ePub

Sobre a colección CRÓNICA