O libro negro da lingua galega
Carlos Callón (Autor/a)
OBRAS DE REFERENCIA>XERAIS UNIVERSITARIA>LINGUA E LITERATURA
3ª Edición
Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüÃstica en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguÃan o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa MarÃa" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesÃa en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perderÃa o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehÃculo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para asà podermos entender como chegamos até aquà e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.