A narrativa mariña
A publicación destas novelas curtas, ou relatos, quere dar a coñecer parte da obra literaria do escritor muxián. En 1918 os escritores das Irmandades da Fala, interesados en crearen a narrativa galega moderna, convocaron un premio literario en A Nosa Terra, do que saíu gañadora a obra O diputado por Beiramar de Gonzalo López Abente.