Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais.
Partilla este libro
Sinopse
Luís Amado Carballo (Pontevedra, 1901-1927) é unha das figuras máis relevantes da poesía galega do século XX. Iniciador do hilozoísmo, unha das estéticas máis fecundas nas nosas letras, desenvolveu un labor poético fundamental, gabado tanto polos seus contemporáneos como polos especialistas actuais.
A presente edición, que se publica con ocasión do centenario do nacemento do poeta pontevedrés, alén de examinar polo miúdo a súa traxectoria vital e literaria, pon nas mans dos lectores Proel, único poemario publicado en vida do autor, O galo e outros poemas soltos recollidos de diversos xornais e revistas da época.
Luís Alonso Girgado (Ferrol, 1946), licenciado en Filoloxía Románica e catedrático de Lingua e Literatura Españolas, preparou edicións de Fole, Álvarez Limeses e Amado Carballo e foi autor de escolmas do conto galego contemporáneo.
Colección
Biblioteca das letras galegas
Código
1342049
I.S.B.N.
978-84-8302-640-3
Publicación
24/04/2001
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
208
Tamaño
19 x 13 cm
Autor
Luís Amado Carballo
Luis Amado Carballo (Luís Gustavo Amado Carballo) (Pontevedra, 1901-1929) figura, xunto con Manuel Antonio e Luís Pimentel, entre os protagonistas da renovación poética do primeiro tercio do século XX. Estudiou o Bacharelato no Instituto da súa cidade natal e, tras cursar dous anos de Filosofía e Letras na universidade compostelá, regresou a Pontevedra para seguir a carreira de Maxisterio. Durante a súa curta vida, Amado Carballo exerceu como mestre de escola e xornalista, profesións que lle garantiron poder dedicarse sen preocupacións económicas á súa obra de creación. Co obxectivo de traballar como xornalista, Amado Carballo partiu para Madrid en 1920, onde colaborou no xornal La Tribuna , na revista España e noutras publicacións españolas e galegas. Mais decidiu voltar á súa cidade de orixe e, desde Pontevedra e Vigo, continuar a escribir para diferentes medios galegos ( Progreso, La Concordia, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra, Nós, Vida Gallega, etc.). A pesar de ser recordado fundamentalmente como poeta, o pontevedrés iniciou a súa andaina na literatura como narrador, coas novelas curtas Maliaxe (1922) e mais Os pobres de Deus (1925), e o conto Un milagre do santo San Francisco. En 1924, Amado Carballo contrae unha tuberculose pulmonar, o que o forza a abandonar o seu traballo xornalístico en Vigo e retornar a Pontevedra. A súa obra lírica comprende dous poemarios, Proel (1927, Xerais 2001) e mais O galo (1928, Xerais 2001). De todos os xeitos, foi un dos poetas que máis influíu nas xeracións posteriores. Está considerado como o creador da denominada escola imaxinista ou hilozoísta.