A Poesía enteira de Heriberto Bens edítase por primeira vez en 1980 e recolle os volumes Antoloxía popular, publicado polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo en 1972, e Sirventés pola destrucción de Occitania, publicado en 1975 en Xenebra, ambos os dous asinados co pseudónimo de Heriberto Bens, baixo o que se agachaba X. L. Méndez Ferrín. Poesía enteira de Heriberto Bens é unha obra de carácter civil, composta por poemas elexíacos dirixidos maiormente a figuras senlleiras do noso pasado, que plasma as inquedanzas do autor en canto á renovación formal e técnica do panorama poético galego da época. O conxunto resulta dunha beleza e competencia lingüística extremada.
Colección
Biblioteca das letras galegas
Código
1342046
I.S.B.N.
978-84-8302-359-4
Publicación
20/04/1999
Clasificación IBIC
DCF
Formato
Papel
Páxinas
136
Tamaño
19 x 13 cm