Recén chegados

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Varetai. Protectora de espíritos

Alba De Evan Freijedo

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Sete dentes de león

Ledicia Costas

Poesía galega completa e textos en prosa Emilio Álvarez Blázquez

Autor/a : Emilio Álvarez Blázquez

Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas.

Partilla este libro

Sinopse

Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919-Vigo, 1988), quinto membro da familia Álvarez Blázquez é unha figura a reivindicar, tanto polos valores intrínsecos da súa obra poética e narrativa como polas dimensións que acadaron o seu fondo humanismo e as súas insubornables conviccións galeguistas. Este libro reúne os seus poemarios coñecidos -Poemas de ti e de min (1949) e O tempo desancorado (Poemas para María Blázquez) (1988)- e tamén, por vez primeira, un abondoso conxunto de composicións dispersas e inéditas, xunto cunha escolma de prosas galegas da súa autoría (algunhas tan importantes como "Terra de matute ara Castelao"), rematando cun apéndice onde se reproducen diversos textos que contribúen a explicar os valores da súa creación literaria. A presente edición ábrese cun limiar de Xesús Alonso Montero, auténtico incitador deste volume, que ao tempo é un significativo estudo arredor da faceta humana e literaria de Emilio Álvarez Blázquez. Ademais, do rigorso estudo literario e mais da fixación dos textos responsabilizouse o poeta e ensaísta Miro Villar.

  • Colección

    Biblioteca das letras galegas

  • Código

    1342062

  • I.S.B.N.

    978-84-9782-304-3

  • Publicación

    25/04/2005

  • Clasificación IBIC

    DCF

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    216

  • Tamaño

    19 x 13 cm

Sobre a colección Biblioteca das letras galegas