Recén chegados

Retorno

Retorno

Retorno

María Reimóndez

Sonora

Sonora

Sonora

Chus Pato

Os reloxos preguiceiros de Néboa

Autor/a : Xavier Lama
Ilustrador/a : Xosé Tomás

Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía.

Partilla este libro

Sinopse

Na cidade de Néboa vívese unha aparente rebelión de todos os reloxos, que deixan de contar o tempo. A alcaldesa Sabela Depresa e centos dos seus concidadáns teñen pesadelos cos reloxos, con moreas de reloxos que se lles aparecen nas noites invernais, mentres dormen, reivindicando a súa galbana ou a súa rebeldía. O Superreloxeiro Experto no Cómputo do Tempo Todo, don Cuco Campá, é o encargado de todo o sistema que mide o tempo en Néboa e ten un trato especial cos seus reloxos parlantes. A través del comezamos a intuír todo un mundo de misterios e segredos marabillosos. A detective Lupita Grande e o doutor Hipócrates Verruga contribuirán a desvelar que alguén está manipulando os reloxos co fin de impedirlles contar o tempo. Detrás desa situación albíscase un boicot de grandes dimensións sobre o que converxen moitos misterios. A partir de aí van xurdindo personaxes, digamos... especiais, ou mellor sería dicir moi especiais. É o caso do cociñeiro chinés Chung Pataching, ou do propietario do pazo señorial de Néboa, o tricentenario don Baldomero Ninsesabe, que axudarán a desentoldar claves aparentemente incomprensibles.

  • Colección

    Biblioteca Dramática Galega

  • Código

    1337061

  • I.S.B.N.

    978-84-9914-210-4

  • Publicación

    06/06/2011

  • Clasificación IBIC

    YNDS

  • Formato

    Papel

  • Páxinas

    104

  • Tamaño

    22.6 x 15 cm

Sobre a colección Biblioteca Dramática Galega